top of page
SOMOS_6_Mesa de trabajo 1.png
Captura de pantalla 2021-09-26 a las 14.56.47.png

VACAburra. é o resultado da colisión de dúas artistas, unha vaca y unha burra, Andrea Quintana ·la variopinta· e Gena Baamonde ·mullerona· quenes unen as súas inquiedanzas e traxectorias nun proyecto común que xira en torno á creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. O seu trabajo está atravesado por unha mirada transfeminista do mundo co corpo como accionador principal das súas creación, unha danza política co humor como ferramenta necesaria. 

 

Para nós VACAburra. é un intentar intentando, un baile continuo, un camiño de tenacidade en avance imparable. Saltar o valado do prado, abrir fendas nos muros, forza bruta en estado salvaxe. 

WhatsApp%20Image%202021-03-01%20at%2016.18_edited.jpg

ANDREA QUINTANA

GENA BAAMONDE

Creadora, directora, investigadora e intérprete cunha ampla traxectoria artística no eido da práctica escénica e a creación contemporánea. Interesada nas prácticas artísticas bastardas e nos cuestionamentos da tríada sexo-xénero-sexualidade que atravesan os corpos. Doutora en Belas Artes, titulada en Arte Dramática, especialidade Dramaturxia e Dirección, así mesmo ten formación en artes do movemento, igualdade, xénero e diversidade sexual.

Dirixe Neorretranca e Posmorriña no CDG e realiza a dramaturxia e dirección en diversas compañías como A Artística, Xarope Tulú, Matrioshka, Elahood ou A Panadaría, coa que recibe o Premio María Casares á Mellor Dirección e Mellor Texto Orixinal coa peza Elisa e Marcela. Xunto a Andrea Quintana crea o colectivo VACAburra. Centrado na creación escénica e coreográfica en clave contemporánea cunha mirada transfeminista e o humor como ferramenta.

2.puzzle.jpg

Artista variopinta de orixe galaico-salvaxe, bailarina bollera, coreógrafa en resiliencia, poliamorosa das artes vivas con perfil expandido. Impura, periférica, nómada. Interesada nas brechas, no imprevisible, na rebelión dos corpos escénicos e na danza como detonante de imaxinarios posibles. Diplomada en danza clásica e formada en danza contemporánea en Madrid, Barcelona e Bruselas. Estuda Anatomía Aplicada ao Deporte en Euskadi, en Bélxica estuda debuxo, escultura e Hª da Arte na Academie de Beaux Arts de Saint JooseNode, estuda ilustración na Escola de Arte de San Telmo en Málaga.

Cunha longa traxectoria como intérprete en compañías como Daniel Abreu, Voadora, Lipi Hernandez, Pablo Esbert, Igor Calonge, Asier Zabaleta, Pisando Ovos, Teresa Navarrete, Hika Teatro, Carmen Werner, Patricia Ruz, Arrieritos ou o CDG. Colabora en proxectos de colisión artística con Janet Novás, Alberto Cortés, LaMacana, Félix Fernández, Licenciada Sotelo, Matrioska teatro ou Muller6ollos, proxectos nos que participa na coreoggrafía, na dirección ou na dramaturxia das pezas. Desenvolve as súas propias creacións escénicas dende o ano 2005 cun total de seis solos de danza e cun especial interese nos espazos de intersección entre disciplinas artísticas. No 2012 recibe o Premio INJUVE á creación pola peza Garabato.

Traballa en proxectos de mediación cultural practicando alén da creación escénica e impulsando propostas en relación ao territorio e as súas artistas na procura de lugares nos que afectar(nos), nutrir(nos) e desbordar(nos). Impulsa La Buena Aventura, espazo de formación e colisións artísticas en Málaga, foi socia fundadora do colectivo RPM e traballou no deseño do programa e mediación do TRCDanza.

bottom of page