TUTILOS_CREACIONS_Mesa de trabajo 1.png
unnamed.png

o raro é que bailar sexa raro

ESTREA, Festival FITO_Ourense_Outubro 2020

Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles. Espectáculo Recomendado no caderno 14 de Danza e Artes do Movemento da Red Española de Teatros e Auditorios.

     Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa.

Bailar pode ser unha epidemia.

     Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.

     Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata.

     Isto vai de bailar bailando.

Creación Andrea Quintana

Coreografía e interpretación Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana 

Textos Vacaburra inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker

Iluminación Baltasar Patiño

Espazo sonoro Davide Gonzalez + Andrea Quintana

Imaxe Muller 6 ollos

Vestiario Saturna

 

Co apoio

Galicia Danza Contemporánea. Axudas a Artistas do Concello de A Coruña, Residecia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, CDG Salón Teatro. Residencia de creación en A Normal, espazo de intervención cultural

Cartel O raro é que bailar sexa raro de VACAburra. Deseño Muller 6 ollos

You look ridiculous if you dance. You look ridiculous if you don’t dance. So you might as well dance.                    

                            GERTRUDE STEIN.