top of page
FESTINA

FAMILIA  NIJINSKA

ESTREA - 11 OUTUBRO 2025 - Sala Ártika de Vigo

Unha conferencia escénica do colectivo VACAburra, un espectáculo poético e rebelde a través da historia dunha familia de bailaríns e bailarínas que revolucionaron a danza de inicios do século XX entre outras personaxes fascinantes e seres fantásticos. 


A peza transita entre a palabra, o corpo e o trazo, propoñendo unha ollada crítica sobre os relatos hexemónicos da historia da arte, o estigma da saúde mental e o esquecemento das mulleres creadoras. Familia Nijinska non é só unha narración biográfica, senón unha interrogación viva sobre como se constrúe a memoria e quen decide que corpos e voces son dignas de ser recordadas.

Dirección: Gena Baamonde 
Coreografía: Andrea Quintana
Dramaturgia: Gena Baamonde -Andrea Quintana
Interpretación: Andrea Quintana-Gena Baamonde
Iluminación: Montse Piñeiro 
Espazo Sonoro: Eva Comesaña
Ilustracións e espazo escénico: Andrea Quintana 
Vestiario: Gena Baamonde 
Imaxen Gráfica: muller6ollos + lavariopinta

marca-negro.png
image001.png
escenas-do-cambio-logo-mobile.png
01-A_Casa_Vella_Principal_POS.png
Copia de LOGODESFOG.png
bottom of page