
FAMILIA NIJINSKA
ESTREA - 11 OUTUBRO 2025 - Sala Ártika de Vigo
“Conforme poñemos o pé fóra da casa nun fermoso serán, entre as catro e as seis, desprendémonos do eu polo que as nosas amizades nos coñecen e volvémonos parte do vasto exército republicano de anónimos camiñantes cuxa compaña é tan agradable trala soidade do cuarto propio”.(Virginia Woolf)
O nome Ruar provén do uso creativo das rúas que facía Virginia Woolf, ao que denominaba ‘street haunting’. Ruar como un acto de investigación, saír do espazo privado, o paseo como un feito relevante, unha ensoñación que se pode converter nunha experiencia transformadora. RUAR é a nova proposta de VACAburra para rúa e espazos non convencionais. Ruar como divertimento e como xogo. Unha peza para dous corpos con música en directo sobre a imaxinación do movemento no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada.Unha excursión de corpos libres, ouvidos abertos e sorriso gozoso. Andar polas rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender polo que acontece no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada, un itinerario extraviado polo corpo e pola música, un encontro entre dous intérpretes, unha bailarina que canta e un músico que baila, corpos que atopan un terreo de xogo común: o espazo público como marco e escenario.
Creación VACAburra
Interpretación Gena Baamonde + Andrea Quintana
Coreografía Andrea Quintana
Espazo escénico Andrea Quintana + Montse Piñeiro
Iluminación Montse Piñeiro
Espazo sonoro Eva Comesaña
Vestiario
Video:
Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana
Unha producción de VACAburra, en residencia no Festival Escenas do Cambio + Festival Desfoga + Sala Átika de Vigo
Co apoio á creación escénica de Xunta de Galicia a través da AGADIC Industrias Culturais Cultura Xunta
