TUTILOS_CREACIONS_Mesa de trabajo 1.png

o raro é que bailar sexa raro

ESTREA, Festival FITO_Ourense_Outubro 2021

unnamed.png

Este traballo busca achergar a todolos públicos a diversidade sexual, atendendo ás posibles identidades, corpos e sexualidades. Fomentar unha mirada interseccional e transfeminista da realidade social que nos atravesa. Utilizar as artes escénicas como vía de sensibilización coa que fomentar a reflexión e o diálogo. Xerar pácticas fronteirizas cunha mirada pedagóxica, accionando prácticas expandidas e colaborando en afianzar os programas de creación de públicos.

     Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa.

Bailar pode ser unha epidemia.

     Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.

     Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata.

     Isto vai de bailar bailando.

EDIT_Cartel_DEF_Raro_M6O20_page-0001.jpg

Coreografía e interpretación Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia Gena Baamonde y Andrea Quintana 

Textos Vacaburra inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker

Iluminación Baltasar Patiño

Espazo sonoro Davide Gonzalez + Andrea Quintana

Imaxe Muller 6 ollos

Vestiario Saturna

 

Co apoio

Galicia Danza Contemporánea. Axudas a Artistas do Concello de A Coruña, Residecia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, CDG Salón Teatro. Residencia de creación en A Normal, espacio de intervención cultural

You look ridiculous if you dance. You look ridiculous if you don’t dance. So you might as well dance.

GERTRUDE STEIN.