TUTILOS_CREACIONS_Mesa de trabajo 1.png
DSC_0130.JPG

EXTRAVÍOS

ESTREA, Propulsa Paisaxe + Patrimonio, xullo 2021

Garabato musical para 7 intérpretes, peza de danza acompañada por unha ukestra de ukeleles en directo. Unha creación en forma de viaxe sonora danzada, itinerario extraviado polo corpo e pola música, encontro singular de dous colectivos de creación, VACAburra + Ukestra do Medio, que atopan un terreo de xogo común. Unha creación para espacios non convencionáis.

 

Extravíos é  un ensaio sobre a imaxinación do movemento, un camiño que se acompaña da súa propia banda sonora orixinal. Intervención na paisaxe que parte do desfrute, dun convite a aventurarse polas veredas, polos camiños torcidos nos que viaxar dende o corpo e a imaxinación. Neste novo caderno de viaxes celebramos a alegría de perderse, os desprazamentos, os posibles intinerarios onde aventurarse de cada vez.

Creación VACAburra. + Ukestra do Medio Dirección e dramaturxia Gena Baamonde + Andrea Quintana Coreografía Andrea Quintana

Música Ukestra do Medio Interpretación Andrea Quintana e Yolanda Porto, Sara Piñeiro, Katia Mera, Alberte L.C., Fon Collazo, Cesar Parcero.

Vestiario Saturna Confección de Vestiario: Chimpos Produción Urdime + VACAburra.